AhoMyTTS é unha iniciativa de Aholab Signal Processing Laboratory da Universidade do País Vasco/Euskal Herriko Univertsitatea co fin de poder propocionar Sistemas de Conversión de Texto en Voz personalizados a persoas con discapacidades orais ou que perdesen completamente a voz. Os sistemas de Conversión de Texto en Voz permiten a lectura en voz alta de calquera texto electrónico, utilizando unha voz totalmente sintética. Son coñecidos tamén como sistemas TTS (do inglés Text-to-Speech). Para lograr este obxectivo necesitamos dispoñer de gravacións de voces humanas. Gravando a túa voz no noso Banco de Voces colaboras na doazón a persoas que non poden usar a súa propia voz. Ademais, tamén podes conseguir un conversor de texto en voz que soará tan parecido á túa como a tecnoloxía permite (de momento só dispoñible para dispositivos Android e Windows). Se tes algunha discapacidade oral tamén podes gravar e tentaremos proporcionarche un sintetizador coa maior calidade e naturalidade e tan parecida á túa voz como sexa posible. Neste caso, sería interesante que contactases connosco para poder mellorar o proceso de obtención do TTS. Se xa perdiches a túa voz, tamén podes rexistrarche e seleccionar unha voz do noso catálogo para usala no teu sintetizador de voz. Para facer isto posible a contribución de doantes de voz é esencial. Por tanto, se tes unha voz sa, por favor rexístrache e convérteche en doante. O proxecto polo momento dá soporte a español e eúscaro.